top of page

O proxecto educativo

Toda práctica educativa responde a unha filosofía.

O proxecto educativo ten moito que ver coas ideas, os valores e as conviccións persoais do propio mestre.

Coidamos tamén que é relevante facer públicos os alicerces pedagóxicos sobre os que se cimenta o proxecto que emprendemos nos dous últimos niveis do ensino primario.

As familias poderán atopar aquí información sobre os obxectivos esenciais do proxecto, a súa metodoloxía e as teorías e prácticas coas que se relaciona. Tamén hai espazo para a proposta de lecturas e a ampliación de información en diversidade de temas educativos.

Non é menos importante subliñar que non hai proxecto fóra da realidade da aula e, polo tanto, todo o seu valor está na adecuación ao grupo de nenas e nenos que lle van dar vida. O contrario sería un imperdoable pecado de arrogancia.

bubela.png

METODOLOXÍA

Educadores de referencia

FONTES

bottom of page