top of page

Os deberes

Este proxecto aposta pola supresión dos comunmente denominados deberes. As tarefas extraescolares que se propoñen guíanse por estes principios esenciais:

  • Non son sistemáticas nin obrigatorias, é dicir, non se mandan deberes todos os días para controlar e corrixir ao día seguinte na aula. As tarefas escolares deben ocupar o tempo lectivo. Os outros momentos corresponden á esfera da familia.

  • Non reciben cualificación numérica nin se comparan entre si.

  • Deben estar contextualizadas e ser tarefas que conecten cos intereses do alumnado. Ademais serán realizables nun prazo de tempo suficiente.

  • Teñen que ser útiles e axudar ao alumnado a desenvolver a convicción de que lle están a facilitar a aprendizaxe.

  • Non deben acentuar as desigualdades entre os alumnos senón favorecer a tendencia contraria.

  • Teñen que permitir os valiosos tempos de xogo, a convivencia familiar, os pasatempos persoais, etc.

  • Stephen Covey, no seu libro Los 7 hábitos de la gente altamente efectiva, afirma que un hábito fórmase sempre que unha persoa saiba que facer, como facelo e ademais teña unha boa razón para facelo, é dicir, saiba por que debe facelo. Entender as razóns axuda a manter a motivación, que só procede da convicción. Facer "deberes" sen a firme convicción de que axudan a aprender só ensina a obedecer ordes, sen criterio, desconectando a práctica da aprendizaxe efectiva.

PARA SABER MÁIS

"So, let’s call homework what it really is. It’s not homework. It’s a parent test. It’s a life vampire. It’s a future heart-attack. It’s emptied our playgrounds and panicked our children. It puts work in the home, and I wish it death. I hope the biggest dog in the world comes and eats it."

Caitlin Moran

bottom of page